jueves, 31 de diciembre de 2009

UNHA PANXOLIÑA MOI ESPECIAL...


Como me gusta que Tom Waits lle cante ó Nadal! Non esperaba menos!jej

FELIZ ANINOVO PARA TODOS!


Graciñas, Belén, por esta ferramenta!

martes, 22 de diciembre de 2009

lunes, 21 de diciembre de 2009

jueves, 10 de diciembre de 2009

miércoles, 9 de diciembre de 2009

10 DE DECEMBRO: DÍA DO DEREITOS HUMANOS

"Os dereitos humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, estendámolos e insistamos neles. Nutrémolos e enriquezámolos. Son o mellor de nós. Deámoslles vida!!" (Kofi Annan).



Hoxe conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Este ano, o tema central é a non discriminación.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obrigar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous alicerces esenciais da humanidade: a liberdade e a plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións inherentes a todo ser humano sen ningún tipo de limitacións, sexan estas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc. O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que a calquera formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración ía ser titulada "os dereitos do home" pero grazas a Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, expúxose que o termo excluía ás mulleres e conseguiu que no seu lugar figurase "Dereitos Humanos".

OS NENOS E NENAS TEÑEN DEREITOS!

martes, 8 de diciembre de 2009

INDIANA BILL 09

O día 18 de Novembro os nenos e nenas de Infantil fixeron unha visita a INDIANA BILL, o parque de xogos que hai na Ramallosa. Para os de 4 e 5 anos foi unha saída coñecida e moi esperada!!, pero para os de 3 aniños foi a primeira excursión co cole, polo que foi moi especial. Aprenderon a ir en fila pola rúa correctamente, a comportarse no autobús, a disfrutar nun ambiente lúdico cos seus compañeiros..Vamos!, a sudar do lindo e a pasalo en grande!

jueves, 3 de diciembre de 2009

LO PEOR DEL AMOR


Que boa letra e que gran canción de desamor...

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE


Hoxe conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE e dentro de tres días (o 6 de Decembro), lembramos a aprobación da nosa Constitución, na que os dereitos das persoas con discapacidade están plenamente recoñecidos.
A Constitución é a norma de convivencia pola que debemos guiarnos no noso país. Esta norma toma como referencias a Declaración Universal dos Dereitos do Home e a Declaración Universal dos Dereitos do Neno.

Declaración dos Dereitos do Neno e da Nena:
ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE: Todos os nenos e nenas que sofren algún tipo de discapacidade física, mental ou social deben recibir tratamento, educación e coidado especial, co fin de que poidan integrarse plenamente en sociedade.

Constitución Española:
ARTIGO 14: Os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.


"POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"