viernes, 3 de abril de 2009

martes, 31 de marzo de 2009

miércoles, 25 de marzo de 2009

LUCAS BY ANDY WARHOL

Andy Warhol cansouse de tanta Marilyn e optou polo meu sobriño como modelo para o seu Pop Art. A que mellorou co cambio?



Enlace ferramenta: www.photofunia.com

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


Este é o segundo ano que se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo como unha reacción á elevada incidencia do autismo nos nenos/as de todo o mundo.
Trátase dun trastorno no desenrrolo do cerebro que comeza antes dos tres anos e que deteriora a comunicación e interacción social dos afectados causando un comportamento restrinxido e repetitivo.

Principais síntomas:

* Déficits na interacción social.
* Problemas serios na linguaxe comunicativa verbal e non verbal.
* Non son capaces de usar xoguetes para xogo simbólico ou imaxinativo.
* Comportamentos repetitivos ou estereotipados.


Este día incentiva a tódolos países membros a tomar as medidas axeitadas para aumenta-la conciencia sobre o autismo na sociedade e a realizar diagnósticos e intervencións precoces.




Ligazóns:
www.madresparacambiarlascosas.blogspot.com
www.hablapormidiceiago.blogspot.com
www.videotecautista.blogspot.com

martes, 24 de marzo de 2009

sábado, 21 de marzo de 2009

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

Hoxe é o día mundial do Síndrome de Down. A data non é casual xa que hoxe é o día 21 do mes nº3, que nos lembra a triplicación do cromosoma 21, chamado comunmente Síndrome de Down (técnicamente non tódalas persoas con síndrome de Down teñen tres copias de dito cromosoma, pero sí a maioría). Trátase dunha alteración xenética ocasionada por un cromosoma extra no par 21 de cada célula, o que conleva uns rasgos morfolóxicos característicos e un variable grao de alteración no desenrrolo físico e intelectual.


As causas de tal alteración non son coñecidas pero cunha intervención temperá dende os primeiros meses de vida e cun axeitado e constante labor formativo e traballo pódese lograr unha sustancial mellora da condición física e un maior desenrrolo das capacidades intelectuais, favorecendo unha mellor integración e unha maior calidade de vida. A familia, os entes públicos responsables da atención a estas persoas (saúde, educación...) e a sociedade en xeral, debemos poñer todos os recursos, o interese e a actitude necesarios para que poidan converterse en cidadáns coas mesmas obligacións e dereitos ca os demais.
Os nenos, novos e adultos con Síndrome de Down non son diferentes, ainda que compartan características que os identifican. Teñen necesidades, soños e obxectivos igual que os temos nós.

PABLO PINEDA, PRIMER LICENCIADO CON SÍNDROME DE DOWN

Visitar enlace: es.wordpress.com/tag/pablo-pineda

domingo, 15 de marzo de 2009