Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cursos. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de febrero de 2009

"Non importa cómo se fagan as cousas, o importante é poder chegar a facelas."

A pasada fin de semana asistín as xornadas AGPETAL e TADEGA, dirixidas ao profesorado que traballa con nenos/as con problemas de audición ou que teñen algún tipo de discapacidade. Os relatorios foron realmente interesantes e versaron sobre sistemas alternativos de comunicación coma os pictogramas, o uso das novas tecnoloxías, etc. Destacar a charla sobre a COMUNICACIÓN AUMENTATIVA (www.aumentativa.net), xa que a través desta plataforma pódense facer actividades con programas coma o CLIC, JCLIC.. e tamén actividades multimedia para traballar cos alumnos/as no ordenador e na pizarra dixital. En relación á PDI foi impresionante o obradoiro sobre as experiencias das asociacións EDIGA (www.ediga.net) e TADEGA (www.tadega.net). Bravo, Belén!!

domingo, 1 de febrero de 2009

XORNADAS AGPETAL E TADEGA





Os días 13 e 14 de Febreiro terán lugar, na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGA, nas que se tratarán temas relacionados co uso e aproveitamento das tecnoloxías dixitais na Atención á Diversidade.