ORDE DO MECO MARTES 14 FEBREIRO
Hace 2 años
Aquí atoparás actividades feitas por nenos/as de Infantil, ligazóns de interese para esta etapa, videos, música, novas...¡BENVIDO/A!

O Luns 11 de Maio os nenos/as de Infantil asistiron a unha representación de teatro no Centro Cultural Caixanova de Vigo titulada: "LA GALLINA CHURRA". Trátase dunha adaptación do conto infantil escrito polo galego Xan López, que conta a historia de cómo unha galiña chamada Churra, atemorizada pola ameaza dunha culebra, vaise disfrazando de distintos animais para pasar desapercibida. Pero nada serve, entón ela, coa axuda do seu amigo Ratorratón, terá que enfrontarse á culebra. Un espectáculo cun fío instrumental sinxelo de comprender, a través da linguaxe universal dos títeres onde a música e as cancións populares xogan un papel importante para conseguir que os nenos e as nenas se poidan converter en verdadeiros participantes da obra. O espectáculo trata temas coma o respeto á pluralidade e á tolerancia ante o feito diferencial; a amizade, por riba dos xéneros ou as clases; a solidariedade coma fin en si mesma e o fomento da imaxinación e a creatividade como forma eficaz de enfrontarse ós problemas.
Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.
, especialmente dende a posguerra. Foi fundador de Editorial Galaxia e codirector da Revista Grial. Como autor, adoptou preferentemente unha perspectiva filosófica, dende a que abordou o tema da saudade, en obras como "Filosofía da saudade."