domingo, 26 de abril de 2009

jueves, 23 de abril de 2009

miércoles, 22 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR


A elección do 23 de Abril como "Día do Libro" procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data. Esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir unha homenaxe mundial ó libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos/as, a descubrir o placer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ó progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar cunha rosa ao comprador dun libro.



"Con cada palabra de cada páxina,
viaxo a través do espazo e do tempo.
E sobre as ás da fantasía,
o meu espírito atravesa terra e mar.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro sempre estarei
na mellor das compañas."

Hani D. El-Masri

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA

Hoxe celébrase no mundo enteiro o Día da Terra, unha xornada instaurada dende 1970 que pretende converterse nun periodo de reflexión sobre o planeta e as consecuencias da actividade humana no medio ambiente. O seu promotor foi o senador estadounidense e activista ambiental Gaylord Nelson.


O paso primordial para tomar conciencia da defensa e conservación de toda a vida no Planeta Terra é meditar, adicar un tempo a pensar e reflexionar sobre o estado de deterioro ao que chegou o noso "fogar", sobre a conservación das especies vexetais, sobre os animais domésticos e os seus dereitos, sobre exemplares en vías de extinción, sobre posibles solucións ó lixo no mundo e sobre o apoio ás Organizacións Nacionais e Internacionais de loita pola preservación da vida no Planeta.

martes, 14 de abril de 2009

jueves, 9 de abril de 2009

lunes, 6 de abril de 2009

QUE RISA DE BRUXAS!!


Este proxecto xurdiu a raiz do interese dos nenos/as polo conto "A bruxa do dente" da editorial Everest. A partires do conto decidimos investigar sobre a vida das bruxas e así puidemos aprender que tipo de apócemas preparan, onde viven, que cousas tan "apetitosas" comen, en que viaxan...Por suposto contamos coa colaboración das familias para tal investigación e as aulas enchéronse de contos de bruxas, disfraces, ... Ata nas clases de inglés falouse delas e o teacher Daniel tróuxonos un gorro chulísimo de bruxa!!

Tamén aprendemos unha canción de Uxía Senlle:"AS FADAS QUE TE FADEN" e a bailamos e cantamos moitas veces...Que divertido aprender cousas de bruxas!!!

AS FADAS QUE TE FADEN



A BRUXA TOLA

domingo, 5 de abril de 2009

APRENDEMOS OS NÚMEROS COAS REGLETAS

As regletas Cuissenaire son un material matemático destinado a que os nenos/as aprendan a composición e descomposición dos números para así inicialos nas actividades de cálculo. Coa súa manipulación familiarízanse co material, que consta dun conxunto de regletas de madera de dez tamaños e cores diferentes. A lonxitude das mesmas abarca de 1 a 10 cm. e cada unha equivale a un número determinado.




ESTUDIAMOS O Nº 6 CON CORES E TAMAÑOS



Neste video os nenos/as de 4 e 5 anos buscan alternativas para formar o número 6 coas regletas. Sobre a regleta verde escuro que vale 6 colocan outras de menor valor que, ao xuntalas, valen o mesmo.

OS DEPORTES SEGUNDO OS NENOS/AS


Dádelle á pausa nalgunhas partes do video para aprender dos nenos/as xa que o proxecto foi creado cos seus comentarios investigando e analizando cada deporte. Os debuxos non teñen desperdicio!!

MURAL DOS DEPORTES


Un dos proxectos traballados polo alumnado de Educación Infantil neste 2ºtrimestre foi o dos DEPORTES, tendo en conta o eixo transversal "Educación para o lecer". Este mural serviu de motivación nas dúas aulas de infantil e foi elaborado con material (prensa deportiva, revistas, fotos...) aportado polos nenos/as coa colaboración das súas familias.

viernes, 3 de abril de 2009