lunes, 16 de febrero de 2009

"Non importa cómo se fagan as cousas, o importante é poder chegar a facelas."

A pasada fin de semana asistín as xornadas AGPETAL e TADEGA, dirixidas ao profesorado que traballa con nenos/as con problemas de audición ou que teñen algún tipo de discapacidade. Os relatorios foron realmente interesantes e versaron sobre sistemas alternativos de comunicación coma os pictogramas, o uso das novas tecnoloxías, etc. Destacar a charla sobre a COMUNICACIÓN AUMENTATIVA (www.aumentativa.net), xa que a través desta plataforma pódense facer actividades con programas coma o CLIC, JCLIC.. e tamén actividades multimedia para traballar cos alumnos/as no ordenador e na pizarra dixital. En relación á PDI foi impresionante o obradoiro sobre as experiencias das asociacións EDIGA (www.ediga.net) e TADEGA (www.tadega.net). Bravo, Belén!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario