domingo, 8 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER

8 DE MARZO

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller. Esta é unha xornada instituida no ano 1910 para conmemora-los esforzos que a muller realiza por alcanzar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenrolo, e serve para reflexionar sobre a evolución das condicións nas que viven e traballan as mulleres de todo o mundo.



Para traballar na aula: "A HISTORIA DE ARTURO E CLEMENTINA"

"Arturo e Clementina son dúas tartarugas novas e namoradas. Clementina ten moitos proxectos para a súa futura vida en común: viaxarán por todas partes e mesmo cumplirá o seu soño de ir a Venecia. Pero os plans de Arturo son moi diferentes. Arturo decidiu que él pescará para os dous mentres Clementina descansa. Clementina abúrrese moito e intenta iniciar unha serie de actividades: aprender a tocar a flauta, pintar, ... pero Arturo desanímaa unha e outra vez e para tela contenta mércalle agasallos sen parar. Clementina carga cada agasallo de Arturo sobre a súa cuncha. Chega un momento no que son tantas as cousas que leva que apenas pode moverse. Clementina síntese cada vez máis desgraciada ata que un bo día decide saír do seu caparazón e dar unha volta. Ó principio os seus paseos son curtos, pois non quere que Arturo sospeite, pero pouco a pouco vanse alongando. Un día Clementina non volta á casa. Arturo, ó darse conta enfádase moito e pensa que Clementina é unha desagradecida. Arturo nunca chegará a entender a razón da partida de Clementina.
As tartarugas viven moitísimos anos e é posible que Clementina siga viaxando feliz polo mundo. É posible que toque a flauta e faga fermosas acuarelas de plantas e flores. Se atopas unha tartaruga sen casa, intenta chamala: ¡Clementina!, ¡Clementina! E se che contesta, seguro que é ela".

(Graciñas Heidy, pola achega)

No hay comentarios:

Publicar un comentario