lunes, 25 de mayo de 2009

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

A pasada fin de semana foi a 10ª edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA. De novo as rúas, prazas e xardíns da vila serviron de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.



A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do festival, e presentou nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Benin, Brasil, Arxentina, Francia, Alemaña, Eslovenia, Bélxica, Italia Castela-León, Andalucía, Aragón, Cataluña e Galicia. Unha festa da diversidade que encheu de novo Redondela de marionetas de fíos, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos,animación de rúa e unha chea de sorpresas.


1 comentario:

  1. Joder,que envidia!
    Eu non puiden ir porque me pasei o finde co meu querido plan TIC...
    Sabías que a nosa dire foi os tres días?Pois si.
    A ver si para o ano non fallo,que nunca fun e teño mogollón de ganas!!

    ResponderEliminar