sábado, 16 de mayo de 2009

TEATRO INFANTIL: "LA GALLINA CHURRA"

O Luns 11 de Maio os nenos/as de Infantil asistiron a unha representación de teatro no Centro Cultural Caixanova de Vigo titulada: "LA GALLINA CHURRA". Trátase dunha adaptación do conto infantil escrito polo galego Xan López, que conta a historia de cómo unha galiña chamada Churra, atemorizada pola ameaza dunha culebra, vaise disfrazando de distintos animais para pasar desapercibida. Pero nada serve, entón ela, coa axuda do seu amigo Ratorratón, terá que enfrontarse á culebra. Un espectáculo cun fío instrumental sinxelo de comprender, a través da linguaxe universal dos títeres onde a música e as cancións populares xogan un papel importante para conseguir que os nenos e as nenas se poidan converter en verdadeiros participantes da obra. O espectáculo trata temas coma o respeto á pluralidade e á tolerancia ante o feito diferencial; a amizade, por riba dos xéneros ou as clases; a solidariedade coma fin en si mesma e o fomento da imaxinación e a creatividade como forma eficaz de enfrontarse ós problemas.

1 comentario:

  1. Os que sacan as fotos tamén deberían saír nalgunha,ou!!
    Están moi guai, e os nen@s engánchadísimos..

    ResponderEliminar