domingo, 25 de octubre de 2009

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 e grazas á iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, cada 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Como se pode deducir, o obxectivo principal é o de fomentar a utilización de bibliotecas como un servizo fundamental do dereito ao libre acceso á información.


BIBLIOTECA ESCOLAR, ESPAZO DE LECTURAS

As Bibliotecas Escolares Galegas existen, están en marcha. En moitos centros escolares é xa unha realidade este espazo vivo de encontro coa palabra e a imaxe, o lugar no que "a información pode converterse en coñecemento", a biblioteca á que acoden todos os nenos e nenas, a máis próxima, na que se inician como lectores no contacto satisfactorio coa palabra falada e coa palabra escrita.

Lectura de todo tipo de texto, en todo tipo de soporte, con todo tipo de finalidades, velaí de que falamos cando falamos de lectura nestes momentos. A biblioteca escolar, espazo de lecturas: de lecturas literarias, de lecturas poéticas, dramátizadas, en compañía, en silencio, con música de fondo, en voz alta; lecturas de imaxe, lecturas de gráficos, mapas, cadros, ilustracións, lectura da banda deseñada, o cine; lecturas informativas: o xornal, a revista divulgativa, a enciclopedia, a monografía que amplía e profundiza, o diccionario; lecturas para contrastar, para ampliar... lectura en pantalla, lectura en papel... lecturas.


Celebramos o mes da biblioteca escolar, o día da biblioteca. Edítase así un novo cartel para a visibilización da biblioteca escolar e para lembrar as súas potencialidades á hora de integrar saberes, soportes e actividades destinadas á mellora das competencias básicas do alumnado.

Ligazóns:
Blog bibliotecas Xunta
Blog Hora de Ler
Librosaeito
Redelectura

1 comentario:

  1. Non descansas eh!! Aquí tíñalo fresquiño..jej.
    Cantos tipos de lectura..mimadriña!! pero faltouche poñer a lectura con música de fondo..jej.Igual tamén resulta,ou!
    Os apuntes ó final sempre valen para algo.Moi ben eses enlaces!

    ResponderEliminar