jueves, 26 de noviembre de 2009

1ª RECEITA: PASTEIS DE MAZÁ


Este curso, en Infantil, comezamos o Taller de Cociña cunha receita sinxela: PASTEIS DE MAZÁ CON CREMA PASTELERA. Cos utensilios e os ingredientes axeitados os máis peques do cole fixeron uns pasteis....Mmmmmm...para chuparse os dedos!!
Pero que cociñeir@s temos en Sobrada!!

Por se vos apetece probar a facelos na casa, aquí deixamos a receita:

1º) PARA A CREMA PASTELERA:
INGREDIENTES:
- 1/2 litro de leite
- 100 gr. de azucre
- 2 ovos
- 3 culleradas de maizena
- 1 pau de canela
PREPARACIÓN:
a)Poñer a ferver o leite co pau de canela. Deixar enfriar.
b)Nun bol, mesturar o azucre coa maizena.
c)Botar os ovos batidos á mezcla anterior e remexer ben.
d)Engadir pouco a pouco o leite e continuar remexendo.
e)Pasar todo a un cazo e deixar cocer remexendo cunha culler para que no se fagan grumos. Así ata que espese e deixar enfriar.
2º) PARA OS PASTEIS DE MAZÁ:
INGREDIENTES:
- 1 plancha de hoxaldre conxelado
- 1/2 litro de crema pastelera
- 2 mazás reineta
- Marmelada de melocotón ou albaricoque
PREPARACIÓN:
a)Desconxelar o hoxaldre (1 hora). Con axuda de fariña extender cun rodete o hoxaldre desconxelado.
b)Cortar cadrados iguais.
c)Cortar para cada cadrado dúas tiras de 2 cm de ancho e poñelas sobre os bordes.
Pintalas despois con ovo batido.
d)Pelar as mazás e partilas.
e)Poñer unha capa de crema pastelera sobre os cadrados de hoxaldre.
f)Cubrir a crema coa mazá dun xeito ordenado.
g)Meter a bandexa no forno a 200º ata que o hoxaldre estea feito (25 minutos aprox.)
h)Sacar os pasteis do forno e cubrilos cun pouo de marmelada.

BO PROVEITO!!

1 comentario:

  1. Ó final entrou ,eh!!!
    Que chulada tía!!! Que currado con todas as explicacións!!! E como lles debe de gustar ós nen@s o taller de cociña! Teñen unhas caras de pasalo superbén!
    E o R@Roll sempre pega con todo!! jej..
    Que ganas teño de volver ó cole..

    ResponderEliminar