miércoles, 9 de diciembre de 2009

10 DE DECEMBRO: DÍA DO DEREITOS HUMANOS

"Os dereitos humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, estendámolos e insistamos neles. Nutrémolos e enriquezámolos. Son o mellor de nós. Deámoslles vida!!" (Kofi Annan).



Hoxe conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Este ano, o tema central é a non discriminación.
A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obrigar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas.
Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous alicerces esenciais da humanidade: a liberdade e a plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións inherentes a todo ser humano sen ningún tipo de limitacións, sexan estas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc. O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que a calquera formulación xurídica ou política.
Nun principio, a declaración ía ser titulada "os dereitos do home" pero grazas a Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, expúxose que o termo excluía ás mulleres e conseguiu que no seu lugar figurase "Dereitos Humanos".

OS NENOS E NENAS TEÑEN DEREITOS!

1 comentario:

  1. Que boa a última frase de Kofi Annan!!
    E que ben che quedou este traballo!
    Impresionante! Con slideshare e todo..jej
    Excelente!

    ResponderEliminar