viernes, 27 de febrero de 2009

NO ENTROIDO...ORELLAS E FILLOAS

Mira que facemos postres no noso taller...e claro, no entroido, por non varia-los costumes, en infantil os nenos/as fixeron orellas e filloas. Estes nenos non paran: botaron os ingredientes, batiron, amasaron...de todo!! e ademáis saíron de rechupete, todo hai que dicilo...

UNS CANTOS DÁLMATAS E MOITAS CRUELLAS

Este ano os nenos e nenas de infantil disfrazáronse de dálmatas e as súas profes da malvada Cruella de Vil. A creación do disfraz levou tempo pero tamén levou moito tempo vestilo o día da festa, tanto é así que...chegamos tarde!!! Se non fose pola axuda recibida...Por iso MOITÍSIMAS GRAZAS as profes Heidy, Carmen Mª e Carolina que, como se pode apreciar nas fotos, traballaron a reo para axudar a vestir e maquillar ós pequenos.

martes, 17 de febrero de 2009

lunes, 16 de febrero de 2009

"Non importa cómo se fagan as cousas, o importante é poder chegar a facelas."

A pasada fin de semana asistín as xornadas AGPETAL e TADEGA, dirixidas ao profesorado que traballa con nenos/as con problemas de audición ou que teñen algún tipo de discapacidade. Os relatorios foron realmente interesantes e versaron sobre sistemas alternativos de comunicación coma os pictogramas, o uso das novas tecnoloxías, etc. Destacar a charla sobre a COMUNICACIÓN AUMENTATIVA (www.aumentativa.net), xa que a través desta plataforma pódense facer actividades con programas coma o CLIC, JCLIC.. e tamén actividades multimedia para traballar cos alumnos/as no ordenador e na pizarra dixital. En relación á PDI foi impresionante o obradoiro sobre as experiencias das asociacións EDIGA (www.ediga.net) e TADEGA (www.tadega.net). Bravo, Belén!!

domingo, 15 de febrero de 2009

domingo, 8 de febrero de 2009

jueves, 5 de febrero de 2009

domingo, 1 de febrero de 2009

XORNADAS AGPETAL E TADEGA





Os días 13 e 14 de Febreiro terán lugar, na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña, as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGA, nas que se tratarán temas relacionados co uso e aproveitamento das tecnoloxías dixitais na Atención á Diversidade.

MMMMMM...QUE RICA ENSALADA!!