miércoles, 25 de marzo de 2009

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO


Este é o segundo ano que se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o autismo como unha reacción á elevada incidencia do autismo nos nenos/as de todo o mundo.
Trátase dun trastorno no desenrrolo do cerebro que comeza antes dos tres anos e que deteriora a comunicación e interacción social dos afectados causando un comportamento restrinxido e repetitivo.

Principais síntomas:

* Déficits na interacción social.
* Problemas serios na linguaxe comunicativa verbal e non verbal.
* Non son capaces de usar xoguetes para xogo simbólico ou imaxinativo.
* Comportamentos repetitivos ou estereotipados.


Este día incentiva a tódolos países membros a tomar as medidas axeitadas para aumenta-la conciencia sobre o autismo na sociedade e a realizar diagnósticos e intervencións precoces.




Ligazóns:
www.madresparacambiarlascosas.blogspot.com
www.hablapormidiceiago.blogspot.com
www.videotecautista.blogspot.com

1 comentario:

  1. Menos mal que hai alguén no GT que se sabe os días de... porque eu non me entero de nada.Xa me pasarás un calendario cos días de...Pero mentras sigue publicando este tipo de cousas que o fas pero que moi ben.

    ResponderEliminar