domingo, 25 de octubre de 2009

24 DE OUTUBRO: DÍA DA ACCIÓN CLIMÁTICA

O 24 de Outubro é o día de acción ecoloxista con maior alcance no mundo enteiro.
Para superar o problema do cambio climático, temos que movernos rapidamente e de forma conxunta xa que este ano 2009 é un ano crucial. En decembro, diferentes líderes mundiais reuniranse en Copenhague, Dinamarca co fin de idear un novo tratado climático.


QUE SIGNIFICA O NÚMERO 350?

350 é o número máis importante do mundo, o límite máximo seguro de dióxido de carbono na atmosfera, segundo os científicos.
Hai dous anos, despois de que os principais climatólogos observasen o rápido derretimiento do xeo no Ártico e outros sinais inequívocos do cambio climático, emitiron unha serie de estudos nos que mostraban que o planeta se enfrontaría a desastres en termos humanos e naturais se a concentración atmosférica de CO2 continuaba por encima de 350 partes por millón.
Agora, todos os científicos máis importantes da ONU adoptaron este obxectivo como necesario para estabilizar o planeta e evitar un desastre absoluto. O que temos que facer é lograr que os líderes presten atención e elaboren políticas que axuden ao mundo a volver a 350.



350.org é unha campaña internacional dedicada a construír un movemento que una ao mundo ao redor das solucións necesarias para a crise climática; solucións que demandan xustiza, responsabilidades comúns pero diferenciadas entre os paises. A nosa misión é servir de inspiración ao mundo enteiro e afrontar o desafío da crise climática, é dicir, crear un novo sentido de urxencia e posibilidade.

1 comentario: