lunes, 5 de octubre de 2009

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT

As Nacións Unidas designaron o primeiro luns de outubro de cada ano como o DÍA MUNDIAL DO HÁBITAT. Este día instaurouse no ano 1986 e persegue o obxectivo de mellorar as condicións de vida e de traballo dos habitantes.


A idea é reflexionar sobre a situación dos nosos pobos e cidades e o dereito básico de todos a unha vivenda axeitada. Tamén destínase a lembrar ó mundo a súa responsabilidade colectiva cara o futuro do hábitat humano.
Neste día selecciónase un lema, que cada ano é distinto, como guía de planificación. Este ano o lema é: "Planificando o noso futuro urbano". A ONU escolleuno para concienciar da necesidade de mellorar a planificación urbana para facer fronte ós novos e grandes desafíos do século XXI: o cambio climático, a inseguridade alimentaria, o crecemento poboacional, a inestabilidade económica e a inequidade social, entre outros. De igual forma, as accións encamiñadas a controlar crecemento demográfico, reducir os niveis del pobreza, e promover unha maior sostibilidade ambiental están estreitamente relacionadas cos procesos de urbanización, de tal xeito que dunha axeitada planificación urbana depende a posibilidade de xerar maiores niveis de calidade de vida na poboación e promover un desenvolvemento humano sostible.
HÁBITAT PARA A HUMANIDADE

A planificación urbana debe dar un novo enfoque a partires do Día Mundial do Hábitat 2009, compartindo as mellores solucións da maneira máis eficaz e ampla posible, mediante unha mellor e máis sensible planificación para nós e o noso medio ambiente.

1 comentario:

  1. Canto debemos aprender de todos esa xente voluntaria..É a xente que máis admiro sen dúbida ningunha.
    Se aportásemos cadaquén o noso gran de area este mundo ía ser bastante distinto..

    ResponderEliminar