
Dende o día 16 de Setembro vimos celebrando a Semana Europea da Mobilidade. Esta semana culmina co DÍA EUROPEO SEN COCHE (22 de Setembro), co que se trata de fomentar o uso do transporte público e concienciar ós cidadáns e autoridades sobre a necesidade de reducir as emisións de CO2 provenientes dos vehículos.
Os nenos/as deben reflexionar sobre o impacto do transporte na calidade do aire e o clima e sobre os hábitos que degradan o noso contorno, como o uso particular do coche.
O ideal é que persoas que teñen que facer o mesmo traxecto se animen a compartir coche e gastos co aliciente de abaratalos e reducir as emisións de gases á atmósfera, pero non só neste día, senón todos os días.
Lembrade!: "MENOS FUME E MENOS CO2!"
OS DESASTRES DA CONTAMINACIÓN:
Para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso planeta: O NOSO FOGAR!
Vai haber que concienciarse,vai..pero é que somos uns cómodos,jej..
ResponderEliminarOlé por Carmela,Elena e Rosa!!!
Menos "humos" e menos CO2!
Profe, non atopo unha imaxe axeitada. Todas teñen moi mala calidade e non quedan nada ben.. Os videos tampouco son moi bos..A ver..
ResponderEliminarVaia parece que me adiantei antes de que acabaras,jej..Pois a min o vídeo mólame moito!! E a foto tamén! Mi madriña, canto fume botan,jej.Debe ser en México D.F. polo menos.
ResponderEliminarQueda chachi!
Ti sempre dando ánimos. Un solete! Este video está guai, si, pero moito que ver concretamente cos coches non ten...pero gustoume e a canción de Maná mola, jej
ResponderEliminarQue máis dá!! Creo que é un vídeo que deberían de ver tod@s, teña que ver ou non cos coches..Non está fóra de lugar para nada.
ResponderEliminarHaille que preguntar ós Maná en donde jugarán las niñas..jejej.