
MAR é un nome xenérico que se utiliza para designar a todas as augas salgadas que cobren unha grande parte da superficie da Terra.
Sen mar non habería vida no noso planeta. Nembargantes, a pesares da inmensidade e enorme riqueza biolóxica que encerran, os nosos mares e océanos son fráxiles, moi pouco coñecidos e especialmente vulnerables ás ameazas.Entre as causas que orixinan a contaminación dos mares atópanse: as augas residuais das cidades, as verteduras industriais, a incineración dos residuos tóxicos, a actividade petroleira, os sedimentos provenientes da tala de árbores e da erosión, entre outros.
Entre as súas consecuencias podemos citar as seguintes:
- Aumento de mareas negras e verteduras ó mar; as correntes do océano tenden a devolver os residuos á costa, de maneira que moitos son perigosos e poden causar enfermidades.
- Os residuos concéntranse entre as capas térmicas e os frentes oceánicos, que son as zonas nas que se atopan os bancos de peces máis productivos. Polo tanto, descende o número de especies de animais e plantas.
- A proliferación de algas tóxicas.
- A perda de ecosistemas costeiros de inmenso valor.
- Unha redución na calidade do entorno dende o punto de vista turístico.

Cando os seres humanos empecemos a valorar, coidar e respectar a natureza poderemos disfrutar de todos os beneficios que proporcionan estes incríbles ecosistemas.
A CONTAMINACIÓN DO MAR
Pero que informadiños nos tes!!
ResponderEliminarO próximo pode ser o 3 e 4 de outubro? E ademais creo que o 4 coinciden dúas..
É a miña responsabilidade...É que este ano son das TIC!jej.
ResponderEliminarSegún creo, o 4 é o Día Mundial dos animais e o 6 o Día Mundial do hábitat..Non paramos de conmemorar cousas!!!
Primeiro fin de semana de outubro,Día Mundial das Aves. Primeiro luns de outubro,Día Mundial do Hábitat.Segundo mércores de outubro,Día Internacional para a redución das Grandes Catástrofes Naturais.E no dos animais coincidimos..Ecologistas en Acción.
ResponderEliminarJoder, que mal informada non? GRACIAS!
ResponderEliminar