miércoles, 9 de septiembre de 2009

GRIPE A: INFORMACIÓN E PREVENCIÓN

1º) QUE É A GRIPE A?
Trátase dunha enfermidade respiratoria causada por un novo virus da gripe tipo A que amosou a súa capacidade para se transmitir dunha persoa a outra. É similar á gripe común e polo tanto, xeralmente é unha enfermidade leve, sempre tomando as precaucións axeitadas.
2º) CALES SON OS SÍNTOMAS DA GRIPE A?
Adoita comezar bruscamente con febre (38º ou máis), tose, dificultades para respirar, dor de cabeza, dor de gorxa, secrecións nasais, esbirros, dor muscular, malestar xeral. Poden aparecer ademáis vómitos ou diarrea.
3º) COMO SE TRANSMITE?
A transmisión é similar á da gripe común, por respirar as gotiñas que se producen cando unha persoa infectada tose ou esbirra. Esta é a forma de contaxio máis habitual e para que se produza precísase un contacto estreito coa persoa infectada.
O contaxio tamén pode producirse ao tocar algo que estea contaminado co virus da gripe e logo levar as mans á boca, ó nariz ou ós ollos sen lavalas antes.
4º) DURANTE CANTO TEMPO PODE TRANSMITIR A INFECCIÓN UNHA PERSOA ENFERMA?
Dende un día antes da aparición dos síntomas ata 7 días despois (ainda que nos nenos/as pequenos/as este periodo pode ser maior). Este é o tempo de illamento recomendado para os pacientes.
5º) PAUTAS DE PREVENCIÓN:
- Cando o espazo o permita, manterse polo menos a un metro de distancia doutras persoas.
- Cubrirse a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar cun pano de papel e logo tiralo ao lixo.

- Tusir ou esbirrar contra o brazo e non contra as mans, se non se ten un pano de papel.


- Lavar e manter as mans ben limpas con auga tibia e xabón ou ben usar xel desinfectante baseado en hidro-alcohol que non precisa auga.

- Quedar na casa se se está enfermo e non asistir á escola nin a lugares públicos durante ese período.

6º) INFORMACIÓN ADICIONAL:

4 comentarios:

  1. Ala,pero que detallado!!!!
    E que combinación de debuxos,a un lado, ó outro..Moi chuli.
    Xa sabes que a fiebre depende da temperatura corporal da persoa,hai xente que con menos grados xa ten fiebre,jej..

    ResponderEliminar
  2. Si, coñezo algún "misiricas" que ten ese problema...jej

    ResponderEliminar
  3. Non me digas?
    Joder será por enlaces..sí que estamos informados,oh!!Ojalá non haxa que botar man de tanta información..

    ResponderEliminar
  4. Tes toda a razón Epiña, coida do teacher porque neste outono cando veña a gripe e teña 36,5 de fiebre haberá que ingresalo na UCI. MISIRICAS FOREVER

    ResponderEliminar