domingo, 5 de abril de 2009

APRENDEMOS OS NÚMEROS COAS REGLETAS

As regletas Cuissenaire son un material matemático destinado a que os nenos/as aprendan a composición e descomposición dos números para así inicialos nas actividades de cálculo. Coa súa manipulación familiarízanse co material, que consta dun conxunto de regletas de madera de dez tamaños e cores diferentes. A lonxitude das mesmas abarca de 1 a 10 cm. e cada unha equivale a un número determinado.




ESTUDIAMOS O Nº 6 CON CORES E TAMAÑOS



Neste video os nenos/as de 4 e 5 anos buscan alternativas para formar o número 6 coas regletas. Sobre a regleta verde escuro que vale 6 colocan outras de menor valor que, ao xuntalas, valen o mesmo.

1 comentario:

  1. Que bonita canción! A verdade é que tés mogollón de recursos musicais para todas as actividades.É o Cifuentes de Celtas Cortos,non?

    ResponderEliminar