lunes, 6 de abril de 2009

QUE RISA DE BRUXAS!!


Este proxecto xurdiu a raiz do interese dos nenos/as polo conto "A bruxa do dente" da editorial Everest. A partires do conto decidimos investigar sobre a vida das bruxas e así puidemos aprender que tipo de apócemas preparan, onde viven, que cousas tan "apetitosas" comen, en que viaxan...Por suposto contamos coa colaboración das familias para tal investigación e as aulas enchéronse de contos de bruxas, disfraces, ... Ata nas clases de inglés falouse delas e o teacher Daniel tróuxonos un gorro chulísimo de bruxa!!

Tamén aprendemos unha canción de Uxía Senlle:"AS FADAS QUE TE FADEN" e a bailamos e cantamos moitas veces...Que divertido aprender cousas de bruxas!!!

AS FADAS QUE TE FADEN



A BRUXA TOLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario