miércoles, 22 de abril de 2009

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA

Hoxe celébrase no mundo enteiro o Día da Terra, unha xornada instaurada dende 1970 que pretende converterse nun periodo de reflexión sobre o planeta e as consecuencias da actividade humana no medio ambiente. O seu promotor foi o senador estadounidense e activista ambiental Gaylord Nelson.


O paso primordial para tomar conciencia da defensa e conservación de toda a vida no Planeta Terra é meditar, adicar un tempo a pensar e reflexionar sobre o estado de deterioro ao que chegou o noso "fogar", sobre a conservación das especies vexetais, sobre os animais domésticos e os seus dereitos, sobre exemplares en vías de extinción, sobre posibles solucións ó lixo no mundo e sobre o apoio ás Organizacións Nacionais e Internacionais de loita pola preservación da vida no Planeta.

1 comentario:

  1. Aí,aí..Xa sabía que non ías fallar no día de hoxe nin no de mañá!!Así dá gusto!! Moi chulo.

    ResponderEliminar